Nova andaina

Esperamos que este blog sexa do voso agrado e que o disfrutedes.

miércoles, 30 de marzo de 2022

Entre vidro e camelias

 A Asociación de Mulleres do Rural de Valga “Albor”, ofreceu unha actividade formativa dirixida ao alumnado de infantil e primaria sobre as “Camelias “e o “Traballo do vidro de xeito artístico”.  

 Mina, unha gran coleccionista destas plantas, explicounos a través de diferentes mostras, a orixe destas flores preciosas, os coidados das mesmas, os nomes, como por exemplo a camelia Cupido, a Rosalía, Bella Otero, etc.

 Sonia, a nai dunha nena de 2º,ensinounos as diferentes formas de traballar o vidro dun xeito artístico, mediante figuras, colgantes ou lámpadas. E tamén nos amosou o traballo sobre tellas.








martes, 29 de marzo de 2022

Apadriñamento lector

O alumnado de 1º da ESO fixo o seu apadriñamento lector a Educación Infantil, interpretando o coñecido conto "Cocorico". 





Día do teatro

 O 27 de marzo celebrouse o Día  Mundial do Teatro.

 Para conmemorar esta data, no centro ó longo da semana, realizáronse unha serie de actividades.

O alumnado de 1º da ESO, organizados pola mestra de Xeografía e Historia, dramatizaron o conto " COCORICO" para o alumnado de Infantil e 1º e 2º de Primaria.

Fixeron así apadriñamento lector cos máis cativos.




jueves, 24 de marzo de 2022

Reto 7

 Anímate e busca…….

Cal é o pico máis alto da Península Ibérica?

Cal é a orixe do seu nome?



miércoles, 16 de marzo de 2022

Premio de "A nosa Rosalía"

O pasado 23 de febreiro o alumnado de 1º de Educación Primaria gañaba o 2º Premio do Concurso de Poemas Musicados "A nosa Rosalía", organizado pola Deputación de Pontevedra. Presentáronse na categoría CAMPANIÑAS cunha versión de "Campanas de Bastabales", baseada na interpretación que fixo o grupo galego Os d´Abaixo da musicalización realizada por Amancio Prada deste poema tan coñecido de Rosalía de Castro.

Os outros centros premiados nesta categoría foron o CEIP Mestre Manuel García (Oia) e o CEIP San Clemente de César (Caldas de Reis).

Esta semana está resultando moi emocionante para este grupo.

Onte conseguían contactar por videoconferencia con Xacobe Varela, vocalista e gaiteiro do grupo Os d´Abaixo. E pasaron un rato agradable falando con el de temas como:

- o difícil que é ter unha banda,

- do primeiro concerto,

- do nome do grupo,

-recomendoulles outros grupos musicais, artistas, cancións,...

- da súa mascota ( o seu gato Antonio)

- da sua comida favorita,...

Hoxe recibiron os agasallos correspondentes ao 2º premio, que lles enviou a Deputación Provincial de Pontevedra. Foi un día de moita ilusión, case tanta coma cando realizaron a gravación.




martes, 15 de marzo de 2022

Solución ao reto 6

 A solución ao reto 6 plantexado é:

Ainda que se ten a crenza de que Galileo foi quen descubriu que a Terra era redonda, non foi así de todo. Os primeiros en plantexalo foron Tales de Mileto, Pitágoras, Platón e Aristóteles pero non aportaron probas científicas.

O primeiro que foi capaz de medir a circunferencia da Terra foi Eratóstenes.

Galileo defendeu que a teoría de que a Terra xiraba arredor do Sol e non ao revés como se pensaba ata ese momento


E atoparon a resposta....

6º Primaria

Paula, Lucas, Abigail, Telmo, Lucía, Damián, Bruno, Brais, Lara, Gabriela.

4º Primaria

Paula, Éber, Raquel.

3º Primaria

Clara

2º Primaria

Emma J., Martín.

jueves, 10 de marzo de 2022

8 de marzo

 Os alumnos de 2º de Primaria fixeron este mural para conmemorar o día da muller.





martes, 8 de marzo de 2022

Premiados no Concurso "Fai viral a Rosalía"

 Premios do xurado:

O venres 4 de marzo, reuníuse o xurado composto por un membro de cada Equipo Docente: de Biblioteca, Convivencia, Extraescolares e Complementarias, TICs e Dinamización da Lingua Galega, aínda que a excelente calidade das gravacións, complicou a tarefa de elexir tres gañadores, finalmente, saíron os tres premiados, que recibirán de agasallo un vale para material escolar, por valor de 60 euros.

Gañadores:

Damián de 6º de EP

Xián e Matilda de 1º e 3º de EP

Cayetana de 1º de EP. 

Premio ao máis visto:

Obtén o mesmo premio o video máis visualizado ata o día 3 de marzo, momento en que se pararon os videos para que, dous días despois, se puideran consultar as estatísticas de reproduccións en youtube.

 Neste eido resulta gañador Yago de 3º de EP con 664 reproduccións.

FELICIDADES A TODOS!! 









jueves, 3 de marzo de 2022

Entroido 2022

 Este ano a semana de Entroido foi un non parar xa que tamén celebrábamos o día de Rosalía. O tema deste ano foi “Choqueiros”

E como cumio desta semana buliciosa, houbo un desfile ata a Plazuela e posterior actuación.

As Tanxugueiras actuaron para todos coas voces, música e coreografía do alumnado do centro.





Antes do desfile




Ensaios no patio do colexio nos días previos


Na Plazuela


Actuación