Nova andaina

Esperamos que este blog sexa do voso agrado e que o disfrutedes.

sábado, 30 de mayo de 2026

Excursión de 4º de ESO a Madrid

 A semana do 25 ao 28 de maio os alumnos de 4º de ESO que rematan ciclo e vanse do colexio tiveron a súa soñada excursión. Acompañados de dous profesores fixeron ás súas maletas e puxeron rumbo ao tren que os levaría á capital.

Días de visitar museos, plazas, palacios, organismos, de disfrute e de compañerismo que nunca esquecerán.



viernes, 29 de mayo de 2026

Comedeiros para paxariños

Os alumnos de 1º de Primaria  realizou este 3º trimestre comedeiros para paxariños  realizados polo con materias naturais que despois colocaron nas árbores do patio.



Exposición de pintura

 Durante a próxima semana  rn horario de 14: 05 a 16:00, as familias poderán ver a exposición do alumnado das clases de pintura organizadas pola ANPA que está exposta na biblioteca do colexio.



miércoles, 27 de mayo de 2026

Festival de primavera

 Co gallo do día das Letras Galegas adicado a Begoña Caamaño e o día da LGTBIfobia o viernes 22 de maio celebramos o festival de Primavera un ano máis. 

 de maio




Sementando poesías no camiño

Un curso máis o ENDL sementou poesías no Camiño que pasa por diante do noso colexio.

En galego, español, portugués, francés e inglés convida aos peregrinos a desfrutar dos traballos dos nosos poetas neste tramo do Camiño Portugués.



domingo, 24 de mayo de 2026

Premios Intercentros

As ANPAS dos colexios Xesús Ferro Couselo e Baño-Xanza de Valga,  a do CPI de Pontecesures e a do Progreso de Catoira reuníronse  este ano en Baño, para entregar os premios da XXVIII Edición do Certame Literario Intercentros.

A ocasión merecíao, xa que ían entregar os premios do concurso literario no que participa cada ano alunado de 3º, 4º, 5º e 6º de Primaria.

As alumnas do noso centro premiadas foron:

En 3º de Primaria.....Xulia gañou o 1º premio

Obra de Xulia


En 4º de Primaria.....Julia gañou o 3º premio

A fada arrepentida

En 5º de Primaria.....Cayetana gañou o 4º premio

Os monumentos de Pontecesures

En 6º de Primaria.....Noa gañou o 2º premio

O agasallo 





jueves, 21 de mayo de 2026

Mago Martín Camiña

Hoxe tivemos a visita do  Mago Martín Camiña para deixarnos pasmados a nenos e profes cos seus trucos de maxia, coa obra de Begoña Caamaño como fío conductor. 





miércoles, 20 de mayo de 2026

Visita de MIne Kawakami

 A pianista xaponesa, Mine Kawakami, visitou o noso cole para ser entrevistada polo alumnado de segundo.



martes, 19 de mayo de 2026

Ondas do Ulla

 Xa podedes acceder á nosa canle de youtube coas entrevistas que fixemos na radio.

Ondas do Ulla xa está activa e tedes o enlace no noso blog de biblioteca



sábado, 16 de mayo de 2026

Marcapáxinas Día das Artes galegas

 Marcapáxinas presentados ao concurso para conmemorar a vida e a obra de José Suárez (a quen Galiza adica este ano o Día das Artes Galegas).


 O premio da 3ª Edición do Concurso de Marcapáxinas co gallo do Día das Artes Galegas (que nesta ocasión lembra a figura do fotógrafo José Suárez) foi para... Aya, alumna de 1º de ESO.

Noraboa!!!!



lunes, 11 de mayo de 2026

"Begoña Caamaño: navegar no pracer do azul"

Como xa están preto as nosas Letras e para que coñezades á homenaxeada deste ano deixamos aquí  "Begoña Caamaño: navegar no pracer do azul", o documental da protagonista do Día das Letras Galegas 2026

Unha película documental da Real Academia Galega dirixida por Damián Varela Pastrana e Alba López Álvarez

Co apoio económico da Deputación da Coruña, a Xunta de Galicia e o Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades.

.

viernes, 1 de mayo de 2026

Exposición de ENDL sobre BegoñaCaamaño

 O ENDL colocou  no corredor da planta baixa do edificio de Primaria a exposición cos carteis remitidos pola Secretaría Xeral da Lingua arredor de Begoña Caamaño.

Estes carteis foron elaborados polo CEIP Plurilingüe Ribadavia.


 Tamén colocaron no corredor  de Secundaria a exposición cos carteis remitidos pola Secretaría Xeral da Lingua arredor de Begoña Caamaño e elaborados polo IES Castelao de Vigo.