Nova andaina

Esperamos que este blog sexa do voso agrado e que o disfrutedes.

viernes, 28 de febrero de 2020

Encontro con Antía Yáñez


Os alumnos que están no club de lectura tiveron un encontro con Antía Yáñez que veu falarlles do seu libro BE WATER.













viernes, 21 de febrero de 2020

Entroido 2020

O entroido deste ano está adicado aos HÁBITOS SAUDABLES. 

Aquí podedes ver algúns dos disfraces.







Podedes disfrutar xa dos vídeos coas actuacións dos  alumnos no festival de entroido. 




Esta é a actuación dos alumnos de 4º de ESO



jueves, 20 de febrero de 2020

Día de Rosalía


Recordamos á nosa poetisa coa lectura duns anacos da súa obra en prosa por alumnas do club de lectura.
FLAVIO por Sandra

EL CABALLERO DE LAS BOTAS AZULES por Lucía

 
 LA HIJA DEL MAR por Mara

martes, 18 de febrero de 2020

Maleta de Igualdade para Secundaria

Esta semana chegou a "Maleta da igualdade" dende Bibliotecas escolares, un material con recursos bibliográficos que pretenden contribuir ao traballo sobre a corresponsabilidade, a diversidade, o empoderamento, os estereotipos, a identidade de xénero,...
Os recursos cos que contamos neste momento son para o alumnado de Secundaria, pero estamos á espera de que tamén chegue a maleta para Primaria. 
maleta igualdade secundaria

jueves, 6 de febrero de 2020

Recreos diferentes

Que ben o pasan os alumnos de Primaria no recreo aprendendo co escornabot  a Veebot e a lupa binocular.





sábado, 1 de febrero de 2020

Día da non violencia e da paz

O 30 de xaneiro celebramos O Día Escolar da Non-Violencia e da Paz, esta xornada foi fundada en 1964 polo poeta e pacifista Llorenç Vidal, e conmemórase a morte de Mahatma Gandhi, asasinado a tiros por un fanático hinduísta.

O noso lema este ano foi FALA BAIXIÑO.
Neste curso académico, e ao longo dunha semana, o alumnado e profesorado estivo experimentando co silencio. A actividade consistía na reducción máxima de ruído que se escoita nos diferentes corredores do centro, incidindo nas entradas e saídas do horario lectivo, así como nos cambios de especialidade e recreos.
Ademais puideronse visualizar, nas titorías, diferentes documentais informativos que resaltaban a importancia de reducir a contaminación acústica, o perxudicial que podía ser para a nosa saúde e invitándonos a experimentar a relaxación e concentración a través de visualizacións.

E para que a actividade non perdera interés, creouse un pequeno xogo onde os titores valoraban, e puntuaban, ao final da xornada o nivel de ruído/silencio da súa clase para establecer ao remate da semana quenes foran os gañadores.


Entrega de diploma da paz a quintoA de primaria

O Tivemos un concurso de microrrelatos sobre o silencio. E as gañadoras foron:
Grupo 1º e 2º de ESO.......
1º Premio para Lucía García Mosquera 




2º Premio para Ana Carril Gontán e Thalía Martínez Baleirón



3º Premio para lucía Quintáns Janeiro


Grupo 3º e 4º de ESO.......
1º Premio para Blanca García Mosquera



2º Premio para Carmen Caldelas Magán e Lucía Lagares Castiñeiras



3º Premio para Lucía Vidal Rodríguez





Para entender a que nos referimos cando estamos dicindo PAZ o grupo de teatro, formado por alumnado de Educación Secundaria e dirixidos pola profesora Luísa Mª Paz, representounos unha pequena peza a todo o centro. En catro pases da mesma obra, e con toques de humor fantásticos, conseguiron que tanto o resto do alumnado como o profesorado profundizaran no extenso do termo PAZ, facéndonos reflexionar sobre as accións que no día a día poden mellorar a convivencia.