Nova andaina

Esperamos que este blog sexa do voso agrado e que o disfrutedes.

viernes, 29 de marzo de 2019

Residuos Aparatos Electrónicos


Residuos Aparatos Electrónicos

Residuos Aparatos Electrónicos

Viñeron os Bolechas decirlle aos rapaces de 2º e 3º de E. P. que hai que reciclar os aparellos electrónicos.
Regalaronlle un libro a cada un e deixaronnos 3 na biblioteca.

jueves, 28 de marzo de 2019

Concurso Día do libro


XI CONCURSO LITERARIO
DÍA DO  LIBRO 2019
   O VENRES DÍA 26  DE ABRIL en homenaxe ao Día do Libro, celebrarase a  XI edición do concurso literario, como ven sendo habitual no centro.

B A S E S
  PARTICIPANTES E MODALIDADES
   Os participantes poderán concursar de acordo ás seguintes modalidades:
  • Idiomas: galego e castelán.
  • Categorías:
v  Infantil
v  1º curso                          
v  2º curso
v  3º curso
v  4º curso
v  5º curso
v  6º curso 

XÉNEROS E TEMAS DOS TRABALLOS

CONTO, POESÍA E COMIC: Tema libre.

        PRESENTACIÓN DOS TRABALLOS

   Os concursantes poderán presentar un traballo por autor. Consideraranse os seguintes requisitos:


  • Cada traballo debe ser orixinal, non ter sido premiado en ningún outro certame.

  • Os traballos escribiranse só no anverso de cada páxina e a extensión non superará os dous folios

  • O nome e o curso do autor ou autora figurarán no reverso da última folla.

  • Poderanse acompañar de debuxos ilustrativos.
        

LUGAR E PRAZO DE ADMISIÓN: Na biblioteca, ata o 12 de abril.

miércoles, 27 de marzo de 2019

Día da poesía


Para conmemorar estes días, no CPI DE PONTECESURES fixemos un 3x1: englobamos na mesma actividade POESÍA - AUGA - MAR, este último relacionándoo co día da auga, posto que o proxecto anual do noso centro para este curso é, precisamente, O MAR!
Cada aula traballou baixo a premisa de redactar POEMAS en BARQUIÑOS de papel.




miércoles, 20 de marzo de 2019

Concurso de recitado de poemas de Rosalía de Castro e Manuel María


O xoves 14 de marzo tivo lugar na Biblioteca do CPI de Pontecesures a primeira fase do Concurso de Recitado de Poemas de Rosalía de Castro e Manuel María coa participación do alumnado de 1º, 2º de E. Primaria e de diversos cursos da ESO. Eliximos os representantes dos cursos de primaria e da ESO que acudirán á segunda fase do certame na Casa Museo de Manuel María o sábado 6 de abril.

No caso da categoría de 1º e 2º de E. Primaria, o xurado elixiu como gañadores a:
-O grupo de 1º de E. Primaria que recitou o poema "O chifre", de Manuel María.
-Emily García Mata, de 2º de E. Primaria que recitou o poema "O soñador" de Manuel María.

Na ESO, as seleccionadas foron: 


-Carmen Caldelas Magán, que recitou o poema de Rosalía de Castro, "Meus pensamentos,cal voás tolos...!
-Blanca García Mosquera, que recitou o poema de Rosalía de Castro "Cada noite eu chorando pensaba".
-Pilar Antonella Morison Rey , co poema de Rosalía "Silencio".

Os demais participantes no concurso foron:



 Noraboa a tod@s!