Nova andaina

Esperamos que este blog sexa do voso agrado e que o disfrutedes.

sábado, 30 de octubre de 2021

Samaín 2021

Intentando volver á normalidade, este curso, volvemos a facer exposición de cabazas e productos do outono, decorar corredores e aulas.
  

Nenos e nenas e algúns mestres e mestras viñeron disfrazados.


Aí deixamos algunhas imaxes destes días.

Samaín 2021


Tamén vos deixamos esta historia de medo feita por Blas, un alumno de 1º ESO






miércoles, 27 de octubre de 2021

Solución ao 1º reto

 

O noso reto falaba de que Santa Teresa de Xesús morreu o 4 de outubro de 1582 e foi soterrada ao día seguinte, 15 de outubro porque……

Santa Teresa de Xesús morreu o día en que se cancelaba o calendario xuliano, establecido por Xulio César e entraba en vigor o gregoriano, promulgado polo papa Gregorio XIII.

 Según o calendario de Xulio César, o ano tiña algo máis de 11 minutos de sobra; exceso que, ao cabo de 15 siglos, deu lugar a 11 días de desfase. Para facer coincidir de novo o solsticio de inverno co día 21 de decembro, foi necesario “eliminar” esos once días. E os días elixidos foron precisamente esos.

Por  tanto, o día seguinte ao 4 de outubro do 1582, foi o 15 de outubro.

Santa Teresa, pois, foi soterrada ao día seguinte de morrer.

E os que atoparon a solución foron:

2º Primaria

Lois, Iker, Uriel, Enma L, Sebast´ián, Irina, Leire, Enma J, Noelia, Helena, Clara, Izan, Martín Noa

5º Primaria

Anastasia, Noa

6º Primaria

Gabriela

Noaraboa a estes pequenos detectives!!!!!!!!!

viernes, 22 de octubre de 2021

Rolling in the Deep

 Os alumnos de 3º ESO Bilingüe interpretando na aula de música a canción de Adele, Rolling in the Deep.



jueves, 21 de octubre de 2021

Cóntame un cine



Os alumnos de 2º EP foron á biblioteca municipal a ver á Cinecleta que acababa de chegar.


Sesión dinámica a cargo de Brais Moure, na que se realizou un percorrido pola historia do cinema mesturado con contos cinematográficos.















 

miércoles, 20 de octubre de 2021

Contamos en igualdade

Os alumnos de 3º EP asistiron na biblioteca municipal a unha actividade con Patricia Martínez Rodríguez en prol da igualdade e contra a violencia de xénero.

Esta contada pretendeu rachar cos estereotipos dos roles tradicionais asignados aos personaxes dos contos en función dos seu xénero, idade, etnia ou mesmo condición social, cultural ou funcional.

A través de fermosos contos tratouse de reflexionar sobre a nosa relación cos demáis, construíndo entre todos un mundo máis igualitario e pacífico.





 

martes, 19 de octubre de 2021

David Regueiro

Este martes 19, o alumnado da ESO, puido deleitarse coas composicións  musicais de DAVID REGUEIRO, que en compaña do seu amigo ISMAEL CABALEIRO,  adiantáronlle ao alumnado algunhas das pezas que formarán parte do seu vindeiro traballo.

Durante a xornada matinal e tamén pola tarde, unhas melosas melodías con moito swing invadiron o corredor da planta baixa do noso centro e saíron polas fiestras abertas á rúa Avelino Pousa Antelo, chamando a atención dos viandantes que por alí pasaban. 

David está considerado, no noso país, coma un dos máis relevantes guitarristas de gypsy jazz. 

Cunha ducia de discos editados e centos de actuacións por distintos países do mundo, David caeu este curso no noso centro, para impartir as clases de música ao alumnado da ESO. 




sábado, 16 de octubre de 2021

Terroríficas. Historias de terror

Os alumnos de 5º EP asistiron na biblioteca municipal a un Obradoiro que combina a lectura e a escritura de relatos de terror xa que temos moi preto o Samaín.

A través dunha perspectiva de xénero, crítica e creativa, viaxaron a través de distintas autoras (Mary Shelley, Shirley Jackson, Pilar Pedraza, Cris Pavón e Uxía Casal entre otras) pola literatura de terror.

Unha reflexión sobre este xénero literario que lles permitíu construir o seu propio relato.







 

viernes, 15 de octubre de 2021

Os retos dende a biblioteca

Reto 1


Santa Teresa de Xesús morreu o 4 de outubro de 1582 e foi enterrada ao día seguinte, 15 de outubro. 


Como foi isto posible?

Animádevos e deixade a vosa resposta no buzón debaixo do reto.









sábado, 9 de octubre de 2021

A Banda da Loba na Plazuela

Onte estivo na Plazuela A BANDA DA LOBA e o alumnado do noso centro, familias dos mesmos e veciños e veciñas, asistiron este ao concerto, que estiveron na marabillosa compaña das poetas,  Helena Salgueiro, Nuria Vil, Estíbaliz Espinosa e Vanessa Glemsel,  que homenaxeaban a Xela polas Letras Galegas 2021.

Este concerto poético estaba dentro do programa " Música x poesía x fotografía. POR XELA!"  promovido pola Xunta e pola Secretaría Xeral de Política Lingüística

A Prazuela estaba a rebentar , tiñamos moitas ganas de troula e moitas, moitííííííííííííííííísimas de ver A BANDA DA LOBA.



viernes, 8 de octubre de 2021

Un home lobo na biblioteca


As nenas e os nenos de 1º EP foron á biblioteca municipal para ver a Anxo Moure onde se transforma nun vello home da Serra do Faro para levalos ate o mundo da fauna e da flora dos parques naturais de Galicia nunha aposta polo coñecemento da contorna con apoio de esculturas de Lomarti, artesanías de Martola, Paz Castro, Brais Moure, pegadas de loba e arxila e oubeos de loba.











miércoles, 6 de octubre de 2021

Contos de Chuches Amil






 Nas actividades programadas dende Ler conta moito da biblioteca municipal, os alumos de 4º de EP asistiron a unha actividade de dinamización con música, teatro e danza.

Canción de monstros, ilustrados con canción de Chuches Amil, aportadas dos seus disco-libros “Un conto ao revés” e “Monstros. Con ou sen consentimentos”, da colección  Sonárbore da editorial Galaxia. Os relatos procuran que os cativos e cativas aprendan a mirar de diferentes xeitos os contos ao aportar diversos puntos de vista.