Coincidindo coa celebración da festa da lamprea, Xosé Ramón e Tania, os pais de dous alumnos do colexio viñeron a darnos unha charla e a mostrarnos este singular peixe tan preciado en moitas mesas.
Nova andaina
Esperamos que este blog sexa do voso agrado e que o disfrutedes.
jueves, 22 de marzo de 2018
miércoles, 21 de marzo de 2018
lunes, 19 de marzo de 2018
Charla coloquio sobre a Unión Europea
Tódolos anos eleximos como eixo central de traballo, un tema, e para este curso temos
a Europa. Como sabedes Europa, tamén é un proxecto, un gran
proxecto de paz, solidariedade e de futuro. Ainda que non é perfecta, igual que
ningún outro estado, xa que está en continuos cambios como si dun ser vivo se
tratase, Europa ten como obxetivo primordial, ser un auténtico espazo de
solidariedade, integración, tolerancia, sostenibilidade e xustiza social.
No acto celebrado, grazas a colaboración dos representantes dos grupos parlamentarios presentes, seguímoslle dando vida a este proxecto e coñecemos as posturas que cada partido político tiña sobre a Unión Europea.
A mesa estivo formada por Miguel Calvo Pregue, Director do CPI de Pontecesures, Luca Chao Pérez de En
Marea, Matilde Begoña Rodríguez Rumbo polo PSOE e Daniel Varela Suances polo
PP.
Antes de adentrarnos na charla-coloquio tivemos o visionado dun vídeo explicativo sobre as institucións da UE, logo unha intervención da 10 minutos para cada un dos representantes dos grupos políticos e para rematar unha sesión de coloquio cos alumnos.
miércoles, 14 de marzo de 2018
Nin un bico á forza
Os nenos e nenas de 1º e 2º de Primaria acudiron onte á biblioteca co centro para
asistir a unha actividade que parte do concello relacionada co Día contra a
violencia de xénero.
Comenzaron cunha dramatización curta do conto "Nin un bico á forza" e a
continuación realizaron diferentes actividades.
viernes, 9 de marzo de 2018
Charla - coloquio sobre o Parlamento galego
O
motivo desta charla-coloquio é porque temos a honra de presentar unha das
institucións máis importantes que pode ter unha democracia que é o parlamento,
concretamente o de Galicia.
E que
mellor para ilustrar esta cuestión, aos que tiveron a honra e a
oportunidade de vivilo en directo,
servindo a unha sociedade galega en continua transformación, mediante leis que
teñen por finalidade mellorar o noso benestar.
Neste
acto, grazas a colaboración do Parlamento e a Asociación de Ex-Parlamentarios
de Galicia, non só imos a coñecer a composición do Parlamento Galego, senón
tamén os seus órganos, as súas funcións e por suposto o traballo que se
desenvolve no mesmo.
Os
membros da mesa foron:
Manuel
López Outeiral, Deputado do Partido Popular pola provincia da Coruña en tres lexislaturas,
na IV, V e VI.
Luís
Mª Toxo Ramallo, Deputado do PSdeG pola provincia da Coruña en dúas
lexislaturas, na VII e na VIII.
Xesús Veiga Buxán, Deputado do BNG pola provincia da Coruña na IV, V e VI
lexislaturas.
O acto
consisteu en:
- Visionado de un vídeo do Parlamento Galego de 10 minutos de duración.
- Posteriormente unha quenda de intervencións dos Sr. Ex-Deputados, cunha duración de 15 minutos cada un.
- Finalmente unha rolda de preguntas.
jueves, 8 de marzo de 2018
viernes, 2 de marzo de 2018
Suscribirse a:
Entradas (Atom)