Nova andaina

Esperamos que este blog sexa do voso agrado e que o disfrutedes.

viernes, 9 de marzo de 2018

Charla - coloquio sobre o Parlamento galego

O motivo desta charla-coloquio é porque temos a honra de presentar unha das institucións máis importantes que pode ter unha democracia que é o parlamento, concretamente o de Galicia.
E que mellor para ilustrar esta cuestión, aos que tiveron a honra e a oportunidade  de vivilo en directo, servindo a unha sociedade galega en continua transformación, mediante leis que teñen por finalidade mellorar o noso benestar.
Neste acto, grazas a colaboración do Parlamento e a Asociación de Ex-Parlamentarios de Galicia, non só imos a coñecer a composición do Parlamento Galego, senón tamén os seus órganos, as súas funcións e por suposto o traballo que se desenvolve no mesmo.

Os membros da mesa foron:
          Presentou o acto o Director do CPI de Pontecesures Miguel Calvo Pregue.
  Manuel López Outeiral, Deputado do Partido Popular pola provincia da Coruña en tres lexislaturas, na IV, V e VI.
  Luís Mª Toxo Ramallo, Deputado do PSdeG pola provincia da Coruña   en dúas lexislaturas, na VII e na VIII.
  Xesús Veiga Buxán, Deputado do BNG pola provincia da Coruña na IV,   V e VI lexislaturas.


O acto consisteu en:

  •   Visionado de un  vídeo do Parlamento Galego de 10 minutos de duración.
  • Posteriormente unha quenda de intervencións dos Sr. Ex-Deputados, cunha duración de 15 minutos cada un.
  •  Finalmente unha rolda de preguntas. 

No hay comentarios:

Publicar un comentario