Nova andaina

Esperamos que este blog sexa do voso agrado e que o disfrutedes.

lunes, 19 de marzo de 2018

Charla coloquio sobre a Unión Europea






 Tódolos anos eleximos como eixo central de traballo, un tema, e para este curso temos a Europa. Como sabedes Europa, tamén é un proxecto, un gran proxecto de paz, solidariedade e de futuro. Ainda que non é perfecta, igual que ningún outro estado, xa que está en continuos cambios como si dun ser vivo se tratase, Europa ten como obxetivo primordial, ser un auténtico espazo de solidariedade, integración, tolerancia, sostenibilidade e xustiza social.
No acto celebrado, grazas a colaboración dos representantes dos grupos parlamentarios presentes, seguímoslle dando vida a este proxecto e coñecemos as posturas que cada partido político tiña sobre a Unión Europea.
A mesa estivo formada por Miguel Calvo Pregue, Director do CPI de Pontecesures, Luca Chao Pérez de En Marea, Matilde Begoña Rodríguez Rumbo polo PSOE e Daniel Varela Suances polo PP.
Antes de adentrarnos na charla-coloquio tivemos o visionado  dun vídeo explicativo sobre as institucións da UE, logo unha intervención da 10 minutos para cada un dos representantes dos grupos políticos e para rematar unha sesión de coloquio cos alumnos.



No hay comentarios:

Publicar un comentario