Nova andaina

Esperamos que este blog sexa do voso agrado e que o disfrutedes.

sábado, 20 de junio de 2026

Deporte e ocio

O alumnado de todos os cursos da ESO da materia de proxecto competencial concluiu o seu traballo de investigación cunha exposición de maquetas relacionadas co tema "Deporte e ocio" e a súa relación con temas de actualidade coma a igualdade, a promoción da saúde e o coidado do medio ambiente.






viernes, 19 de junio de 2026

Graduación de Secundaria

 Un ano máis temos que despedir a unha nova promoción de alumnos. Alumnos que na maioría empezaron Infantil 3 anos xa con nós e 13 anos despois temos que decirlles Ata sempre!!!! 

Voade!!!!

Tendes ferramentas para afrontar o voso futuro!!!



jueves, 18 de junio de 2026

Xogos fin de curso

Este fin de curso organizáronse para os alumnos de Primaria xogos con equipos internivel no patio e o resultado foi moi positivo.

Repetiremos!!!!




Festival de fin de curso

 Hoxe é o penúltimo día deste curso escolar e non podía ser menos que dado que temos uns artistas en Secundaria, sacar partido deles e organizar un pequeno gran festival.....

Noraboa artistas!!!!!!!






Saída de Infantil a Carril

Os alumnos de Infantil tiveron a súa saída de fin de curso esta xornada e as profes decantáronse por ir de marisqueo a Carril 


miércoles, 17 de junio de 2026

Piragüismo 5º e 6º

Unha vez máis baixaron os alumnos de 5º e 6º baixaron ao Ulla para practicar piragüismo



Pontecesures vivo

 En grupos de 5 ou 6, o alumnado de 1ºESO elaborou unha exposición de fotografía mostrando a diversidade atopada no concello de Pontecesures dentro do marco da materia de Bioloxía e Xeoloxía.

Para crear a exposición podían fotografar lugares importantes para eles ou para a poboación xeral, amosando seres vivos dos distintos reinos traballados ao longo do curso así como minerais e rochas presentes na contorna. 

O traballo combinou a observación científica, o coñecemento da contorna e a creatividade xa que tamén crearon os pés de fotos que identifican aos seres vivos e os marcos que adornan cada fotografía.



martes, 16 de junio de 2026

Un xirasol no noso horto

 Estos últimos días de clase temos moito traballo no noso horto.

Arrincar herbas e sobre todo regar é o que lles leva o tempo.

Pero agora temos unha gran atracción que nos deixa a todos ca boca aberta....ver como vai día a día abrindo o noso xirasol.

Que pena que se acabe este curso!!!! Pero bueno, cando volvamos poderemos recoller as súas pipas.



lunes, 15 de junio de 2026

sábado, 13 de junio de 2026

Vemos a vila con outra mirada

 Este curso o tema de biblioteca foi o noso entorno máis cercano, o noso concello....."Vemos a vila con outra mirada" e nos diferentes cursos traballaron sobre distintos aspectos da nosa vila.

Aquí podedes ver algúns dos traballos realizados.

O alumnado de 1º EP gravou na Radio Escolar un programa especial para pechar o proxecto anual de centro deste curso 2025-2026: Vemos a vila con outra mirada.






viernes, 12 de junio de 2026

Graduación de Infantil

 Hoxe tivemos a graduación de Infantil onde os alumnos estiveron acompañados da súa titora Iria e das súas familias.

Unha etapa nova comenza en setembro.



miércoles, 10 de junio de 2026

De sempre traballadora

 Hoxe o alumnado de 4º de Primaria representou a obra de teatro “De sempre, traballadora”de Clara Sorribas, gañadora do I certame de relato Oria Moreno na categoría de Primaria o ano pasado. 🎭🎭




Vela 25-26

Os alumnos de 5º e 6º de Primaria tiveron unha xornada de vela como saída de fin de curso.

Xunto cos seus profesores achegáronse ata Vilagarcía para iniciarse neste maravilloso mundo da vela.



sábado, 6 de junio de 2026

Lectores

Os alumnos de 1º e 2º de Primaria disfrutando na biblioteca.



Excusión de fin de curso de Primaria a Campo Lameiro

 Os alumnos de 1º a 4º de Primaria foron de excursión de fin de curso a Campo Lameiro acompañados dos seus respectivos tutores.

Tiveron obradoiros de arqueoloxía, de figuras con barro e puideron disfrutar o laberinto.







viernes, 5 de junio de 2026

Piragüismo no Ulla

O alumnado de 5º e 6º deixou as aulas e baixou ao río Ulla para que algúns se iniciaran no piragüismo, deporte no que outros xa son uns profesionais pois pertencen ao club de piragüismo de Pontecesures 


jueves, 4 de junio de 2026

Escalada en Santiago

O alumnado de todos 1º, 2º e 3º de Secundaria, participaron o 27 de maio nun bautismo de escalada, organizado polo departamento de Educación Física, no rocódromo The Other Climb  en Santiago de Compostela.