Nova andaina

Esperamos que este blog sexa do voso agrado e que o disfrutedes.

martes, 24 de octubre de 2017

Día da biblioteca


los fantásticos libros voladores del Sr Morris 

    Lessmoreon”


Ademáis tivemos xornadas de formación cos máis pequenos.















jueves, 19 de octubre de 2017

Cartel do Samaín



Xa temos cartel gañador no noso concurso do Samaín….Noraboa a Telmo de 4º de ESO.
 

martes, 17 de octubre de 2017

Como identificar noticias falsas


Unha ferramenta imprescindible para a

alfabetización en información.


Pincha no enlace Identificar noticias falsas


Mochilas viaxeiras

As  mochilas viaxeiras xa están dispostas para sair do colexio e que os pequenos lectores disfruten do seu contido. 

miércoles, 11 de octubre de 2017

V concurso de relatos de terror



A Biblioteca e o ENDL do CPI de Pontecesures anímanvos a que compartades as historias máis arrepiantes que se vos ocorran a través da participación neste concurso que se celebrará arredor da celebración do Samaín, unha antiga tradición que conmemora a visita dos mortos ao mundo dos vivos na noite do 31 de outubro, data de comezo do aninovo celta.

As bases que rexerán o concurso son as seguintes.

1. Os relatos, orixinais e inéditos, serán redactados en lingua galega.

2. A temática xirará arredor de historias de misterio e terror.

3. Haberá seis categorías con cadanseu premio:

a) E. Infantil

b) 1º e 2º E. PRIMARIA

c) 3º e 4º E. PRIMARIA

d) 5º e 6º E. PRIMARIA

e) ESO

f) Modalidade de participación audiovisual, cunha curtametraxe gravada nun máximo de cinco minutos.

g) Modalidade de cartel anunciador do evento.

4. A participación de infantil e 1º e 2º de primaria poderá ser cun relato breve, unha videocreación ou a través de narracións baseadas en debuxos que incorporen algunha palabra ou texto breve en galego. Nos demais niveis os textos terán unha extensión máxima de catro folios por unha cara, manuscritos ou mecanografados.

5. Cada titor/a de infantil e primaria e o profesor de lingua galega de ESO seleccionará os tres mellores traballos de cada aula e entregarallos ao coordinador do ENDL antes do venres 20 de outubro.

6. O xurado do certame estará integrado por profesorado colaborador do ENDL e da Biblioteca.

7. O fallo do xurado farase público en cadanseu acto para primaria e secundaria na biblioteca do centro o día 31 de outubro, ao que poderán acudir todos os participantes.

8. A participación neste concurso implica o consentimento do/a autor/a para a divulgación da obra presentada nos blogs de normalización e da biblioteca.

9. A participación neste certame implica a aceptación de todas e cada unha das normas contidas nas presentes bases.

Aquí tendes unha idea para a entrega de premios

viernes, 6 de octubre de 2017

León de Biblioteca




Adán, que comenza 1º de Primaria na clase dos“Lobos amigos devoralibros” recoméndanos este libro porque imos aprender un montón de cousas, como por exemplo que non se corre polos pasillos, que hai que axudar aos demais cando queiran coller un libro interensante da estantería, que hai que falar baixiño na biblioteca…pero tamén podemos aprender que se poden quebrantar as regras cando hai unha boa razón.

jueves, 5 de octubre de 2017