A Biblioteca e o ENDL do CPI de Pontecesures anímanvos a que compartades as historias máis
arrepiantes que se vos ocorran a través da participación neste concurso que se
celebrará arredor da celebración do Samaín, unha antiga tradición que conmemora
a visita dos mortos ao mundo dos vivos na noite do 31 de outubro, data de
comezo do aninovo celta.
As bases
que rexerán o concurso son as seguintes.
1. Os
relatos, orixinais e inéditos, serán redactados en lingua galega.
2. A
temática xirará arredor de historias de misterio e terror.
3. Haberá
seis categorías con cadanseu premio:
a) E.
Infantil
b) 1º e 2º
E. PRIMARIA
c) 3º e 4º
E. PRIMARIA
d) 5º e 6º
E. PRIMARIA
e) ESO
f)
Modalidade de participación audiovisual, cunha curtametraxe gravada nun máximo
de cinco minutos.
g)
Modalidade de cartel anunciador do evento.
4. A
participación de infantil e 1º e 2º de primaria poderá ser cun relato breve,
unha videocreación ou a través de narracións baseadas en debuxos que incorporen
algunha palabra ou texto breve en galego. Nos demais niveis os textos terán
unha extensión máxima de catro folios por unha cara, manuscritos ou
mecanografados.
5. Cada
titor/a de infantil e primaria e o profesor de lingua galega de ESO
seleccionará os tres mellores traballos de cada aula e entregarallos ao
coordinador do ENDL antes do venres 20 de outubro.
6. O xurado
do certame estará integrado por profesorado colaborador do ENDL e da
Biblioteca.
7. O fallo
do xurado farase público en cadanseu acto para primaria e secundaria na
biblioteca do centro o día 31 de outubro, ao que poderán acudir todos os
participantes.
8. A
participación neste concurso implica o consentimento do/a autor/a para a
divulgación da obra presentada nos blogs de normalización e da biblioteca.
9. A
participación neste certame implica a aceptación de todas e cada unha das
normas contidas nas presentes bases.
Aquí tendes unha idea para a entrega de premios
Aquí tendes unha idea para a entrega de premios
No hay comentarios:
Publicar un comentario