Os calendarios escolares de cada ano sinalan varios días
especiais que os centros deben ter en conta para programar actividades
didácticas. Un dos días que se propoñen é hoxe, Día de Europa. No colexio este
curso celebramos e recordamos Europa todo o ano xa que este é o noso proxecto
anual. De aí que durante o curso tivésemos actividades dedicadas a reafirmar a
nosa pertenza a unha comunidade de nacións
e pobos cos que compartimos cidadanía, cultura e historia. Somos europeos
porque queremos ser europeos e estamos dispostos a compartir cada vez máis
cousas entre todos.
O 9 de maio de 1950 quedou sinalado no calendario da historia
como o día do nacemento de Europa, a pesar de que non se asinou nese día ningún
tratado, Robert Schuman, Ministro de Exteriores dixo :<<A paz mundial só pode salvagardarse mediante esforzos creadores
proporcionados aos perigos que a ameazan>>. Esta proposta, coñecida
como declaración Schuman, considérase a
semente do que actualmente é a Unión Europea.