Nova andaina

Esperamos que este blog sexa do voso agrado e que o disfrutedes.

viernes, 31 de marzo de 2023

jueves, 30 de marzo de 2023

miércoles, 29 de marzo de 2023

Taller de poesía

Para celebrar o día da poesía, fixemos un taller de poesía cos alumnos de 1º ESO e os rapaces do club de lectura.

O taller levouno a cabo Marta, a profesora de Educación Física, que acaba de publicar o seu derradeiro libro de poemas "Veinte estaciones son cinco años" 


No taller explicoulles aos rapaces que era un haiku -xénero poético xaponés- e logo eles fixeron os seus











domingo, 26 de marzo de 2023

Semana de intercambio

Esta semana estiveron con nós de intercambio un grupo de alumnos de Maringues (Francia) acompañados polos seus profesores.

Intercambio con Francia

viernes, 24 de marzo de 2023

Palabras encadenadas para o colexio de Catoira

Esta semana os alumnos de 2º de Primaria pedíronme que lles levase aos alumnos do CPI Progreso de Catoira a súa palabra.



miércoles, 22 de marzo de 2023

Telegramas en cuarentena

Para celebrar o día da poesía os alumnos do club de lectura de Secundaria e os alumnos de 1º de ESO  tivemos un encontro con Marta Ojea, autora de Telegramas en cuarentena e profesora de Educación Física no noso colexio.

O seu poemario é o resultado de dous meses de encerro durante a pandemia de covid-19 e reflexan o día a día da autora nunha experiencia compartida por medio planeta.










martes, 21 de marzo de 2023

Día da poesía

Este martes tivemos un acto de recoñecemento co alumnado no concurso Fai Viral a Rosalía! Os nenos e nenas de 1º EP e Infantil 6 anos cantaronlle unha canción.

 . 




Pola súa parte, o alumnado de 2º da ESO levou a cabo un taller de regueifas con Lupe Blanco, a regueifeira de Coristanco. En propias palabras da autora, foi moi produtivo, cun alumnado moi predisposto e dinámico, o que provocou que as coplas as compuxesen moi rápido e con moito sentido.








Regueifando con Lupe

Os alumnos de 2º de ESO tiveron un obradoiro de regueifas con Lupe Blanco, a regueifeira de Coristanco con motivo do día da poesía.






jueves, 16 de marzo de 2023

Concurso de marcapáxinas

Para celebrar o día da poesía e do libro convidamos a todo o alumnado a participar neste concurso.

Tendes as bases e toda a información aquí ou en Instagram @cpi_pontecesures


miércoles, 15 de marzo de 2023

Visita cultural a Santiago

Os alumnos de 3º e 4º de ESO foron a Santiago a ver unha obra de teatro en inglés "The phanton of the opera" no colexio La Salle e  posteriormente na Cidade da Cultura a exposición Camiños creativos: A través do espello  e unha exposición de Sorolla.


Saída a Santiago

viernes, 10 de marzo de 2023

8-M

Conmemoramos o Día Internacional da Muller a través de diferentes propostas e resaltamos a importancia da muller na nosa sociedade.


Na aula de 5 anos, fixeron uns lentes violetas, para que nos axuden a detectar as inxustizas que sofren moitas veces as mulleres. Ademais, as nenas e nenos de 1º de EP tamén conmemoraron o Día Internacional da Muller.







Na biblioteca fixemos unha pequena exposición de libros.


Tamén, grazas á Banda da Loba, traballamos con "Plumas Amarelas", que, como nos di o grupo, son as das nosas aves favoritas, as lavandeiras reais. É un canto á liberdade, unha homenaxe a todas as mulleres anónimas que, dende o cotiá, loitaron para que nós hoxe poidamos ser quen somos e vivir como vivimos.


Os alumnos da ESO participaron nun photocall organizado polo concello.







martes, 7 de marzo de 2023

Fai viral a Rosalía! - PREMIADOS

 


Como resultado das visualizacións do Concurso Fai Viral a Rosalía!; o premio o vídeo máis visualizado ata o pasado 27 de febreiro, momento en que se pararon os videos para que se puideran consultar as estatísticas de reproduccións en youtube; foi o proposto por Damián, de 1º de ESO, con 1417 reproducións.

Ademais, a pasada semana, o xurado composto polos membros do Equipo de Dinamización da Lingua Galega elexiu tres participantes premiados, que recibirán de agasallo un vale para material escolar, por valor de 60 euros.
Gañadores:

Cayetana de 2º de E.P.

Eira de 2º de E.P.

Fabián, Yago e Brais de 5º e 4º de E.P. e 6º de E.I.




viernes, 3 de marzo de 2023

Un mito sempre se le mellor debaixo dun árbol

Os alumnos de 1° da ESO saíron para ler en alto algúns mitos de Mitos gregos, de María Angelidou na clase de Lengua Castellana