Nova andaina

Esperamos que este blog sexa do voso agrado e que o disfrutedes.

miércoles, 30 de marzo de 2016

Correlingua 2016

2º A DE PRIMARIA, GAÑADORES DO CONCURSO DE BANDA DESEÑADA DO CORRELINGUA 2016


Parabéns ao grupo de 2º A de E. Primaria pola súa magnífica banda deseñada, que resultou gañadora no concurso deste ano.




Este ano o alumnado do noso centro participou activamente no concurso de vídeo, enviando estas tres propostas. Agardamos que vos gusten.


Este é o vídeo que presentou a concurso o alumnado de 4 anos de E. Infantil:




O alumnado de 1º de ESO enviou ao concurso o seguinte vídeo:


Este é o vídeo que presentou o alumnado de 2º ESO B

O alumnado de 4º de ESO presentou a súa proposta de manifesto.

viernes, 18 de marzo de 2016

A rosa non é unha cor



Os alumnos de 1º e de 2º de Educación Primaria tiveron na  biblioteca municipal unha sesión interesantísima cunha contacontos.




miércoles, 16 de marzo de 2016

VIII CONCURSO LITERARIO



DÍA DO LIBRO 2016
B A S E S 
  PART ICIPANTES E MODALIDADES
   Os participantes poderán concursar de acordo ás seguintes modalidades:
  • Idiomas: galego e castelán.
  • Categorías:
*         1º nivel
*         2º nivel
*         3º nivel
*         4º nivel
*         5º nivel 
*         6º nivel

    Mención especial  a Educación infantil.
XÉNEROS, TEMAS E EXTENSIÓN DOS TRABALLOS
  • Conto: Tema libre.
  • Poesía: Tema libre.
  • Extensión máxima dous folios a unha cara.
PRESENTACIÓN DOS TRABALLOS
Os concursantes poderán presentar un traballo por autor en cada un dos xéneros. Consideraranse os seguintes requisitos:

*      Cada traballo debe ser orixinal, non ter sido premiado en ningún outro certame.
*      O conto e o poema escribiranse só no anverso de cada páxina.
*      O nome e o curso do autor ou autora figurarán no reverso da última folla.
*      Poderanse acompañar de debuxos ilustrativos. 

LUGAR E PRAZO DE ADMISIÓN: Na biblioteca, ata o 8 de abril.
  A semana do 18 ó 22 de abril na hora de lectura, entregaranse os premios na biblioteca e leranse os traballos premiados en cada unha das categorías.
  O día 19 acudirán á biblioteca os grupos de Educación Infantil,  o día 20 asistirán 1º e 2º nivel, o día 21, 3º e 4º e o 22  farao 5º e 6º. 

miércoles, 2 de marzo de 2016

Só un reloxo


Verónica, Pedro e Anxo de 1º A de Educación Primaria preséntannos “Só un reloxo” narrado por Roberto Aliaga e ilustrado por Amrei  Fiedler.
Marmota recibe como regalo de cumpreanos un reloxo. Pode parecer un obxecto sen importancia, polo menos para Pega. Pero Marmota demostrará con grande intelixencia que o seu reloxo non é só un reloxo.
Con esta fábula aprenderemos a identificar o verdadeiro valor das cousas e darémonos de conta de que menos é máis.