O alumnado de Secundaria do Centro participou durante 3 sesións 12, 19 e 26 de novembro) nunha proposta de intervención en educación enmarcada na sensibilización e prevención da violencia de xénero e na promoción da igualdade de oportunidades entre homes e mulleres.
A proposta xestionouse a través da Alcaldía do Concello e está subencionada pola Deputación de Pontevedra e realizada polo Grupo Koremi, dentro do programa educativo Xénero Educa.
O proxecto baséase no convencemento de que a música, e neste caso o rap, é unha canle de comunicación adecuada para denunciar situacións de violencia de xénero. o obxectivo deste proxecto é o de poñer os coñecementos pedagóxicos e musicais en mans do alumnado para que compoñan a letra, elixan a súa base musical e finalmente graven unha canción na que poidan expresar as súas opinións acerca dun tema tan importante como de actualidade, o alarmante aumento da volencia de xénero.
Traballar na aula con música é a mellor forma de motivar e esimular ao alumnado, xa que unha canción implica sempre: traballar a letra educando a intelixencia verbal, traballar a música educando a intelixencia musical, potenciar a creatividade, o intercambio de opinións, o respecto ás ideas alleas, a tolerancia, o diálogo con compañeiras, a reflexión, a introspección...educando así tamén a intelixencia emocional.
O grupo divideuse en subgrupos e os compoñentes de cada un, tiveron que decidir as súas letras, darlles o sentido rítmico e lingüístico que necesitaron, adecualas as bases musicais que desenvolveron co productor musical, e darlle forma ata que chegou o proceso de gravación e puideron afinar detalles.
En todo o proceso, a especialista en igualdade realizou dinámicas nas que os grupos non só variaron senón que a gran maioría foron co grupo ao completo para empurrar a unha reflexión tanto individual como grupal.