Hoxe, o alumnado de 6º de E.P. achegouse ao CPI de Catoira para practicar varios deportes colectivos xunto co alumnado do CPI Progreso de Catoira, como parte do programa XOGADE da Consellería de Deportes da Xunta de Galicia, que ten como finalidade principal a organización de actividades físico-deportivas entre distintos centros.
O obxectivo último do programa é a promoción da saúde, a convivencia, o esforzo e o divertimento, con independencia do nivel e práctica de cada un dos rapaces ou de cada unha das rapazas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario