Foron moitas as actividades que se realizaron con motivo do día de Rosalía e contaron coa participación de alumnado e profesorado.
Os máis pequenos fixeron o mural para o xardín de Rosalía
O alumnado de 4º de ESO fixo o xardín este ano
O alumnado de Primaria desenvolveu a actividade Ilustramos Poemas, compoñendo ilustracións a partir do poema que leron na aula.
Podemos ver os seus traballos ornamentando as paredes dos nosos corredores.
Tamén recitaron poemas
En Secundaria, o Concurso de Creación Plástica Imaxina Rosalía, tivo como gañador a Tomás Melón Rodríguez, ao que se lle fixo entrega do Diploma que o acredita como tal.
Na súa obra combina fragmentos de poemas de Rosalía cunha evocación das súas vivencias (a marcha, a dor...).
No hay comentarios:
Publicar un comentario