Este ano houbo diversas actividades para celebrar o 8 M
Infantil
O Centro foi sacudido por unha auténtica manifestación pirata dos nenos e das nenas de Infantil, ao grito de "Eu tamén son Daniela", reclamando así a igualdade de xénero.
E é que durante a pasada semana a etapa de Infantil estivo traballando arredor dun conto titulado "Daniela Pirata".
Nel, Daniela é unha nena que quere ser pirata e que ten que pasar unha serie de probas para conseguilo, unhas probas especialmente duras porque como é unha nena o capitán do barco non ten demasiadas gañas de que as supere.
Porén, con esforzo consegue alcanzar, finalmente, o seu soño de ser unha grande pirata.
O alumnado de 1º EP fixo un marcapáxinas co lema "Estas son as mulleres máis importantes da nosa vida"
O alumnado de 6º EP fixo un mural sobre "Científicas medio ambiente"
O alumnado de 1ºESO traaballou sobre as mulleres deportistas
Na biblioteca colocamos nos andeis unha selección de libros relacionados co tema
No hay comentarios:
Publicar un comentario