Nova andaina

Esperamos que este blog sexa do voso agrado e que o disfrutedes.

miércoles, 17 de junio de 2026

Pontecesures vivo

 En grupos de 5 ou 6, o alumnado de 1ºESO elaborou unha exposición de fotografía mostrando a diversidade atopada no concello de Pontecesures dentro do marco da materia de Bioloxía e Xeoloxía.

Para crear a exposición podían fotografar lugares importantes para eles ou para a poboación xeral, amosando seres vivos dos distintos reinos traballados ao longo do curso así como minerais e rochas presentes na contorna. 

O traballo combinou a observación científica, o coñecemento da contorna e a creatividade xa que tamén crearon os pés de fotos que identifican aos seres vivos e os marcos que adornan cada fotografía.



No hay comentarios:

Publicar un comentario