Contaremos coas
actuación das dúas agrupacións folclóricas das que desfrutamos no noso
concello: AC Xarandeira e a agrupación folclórica Algueirada. Asemade,
contaremos coa Asociación Cultural Agarimo (Vedra) e a Agrupación de música e
baile tradicional de Cuntis. Como novidade, este ano levarase a cabo un recital
de poemas de Manuel María por parte do Club de Lectura do CPI Pontecesures.
Aimámosvos a
acudir porque pensamos que é importante para estes rapaces, tanto os que bailan
e tocan nas agrupacións como os do club de lectura, recoñécerlle o seu traballo
e valía, así como a adicación que amosan nas súas respectivas aficións.
Agadámosvos o
SÁBADO 14 a partir das 17:00 na Prazuela!!!
Escoita, irmau, as miñas
verbas:
como as verbas feridas
co coitelo dos beizos, cada
día.
Vouche decir tan só que teño
a miña mau tendida,
aberta, núa e viva como o mar.
Que teño, irmau, maduro o
corazón
pra gardar nel as verbas túas.
Que a vida é moi fermosa
aínda que hai homes
que teñen os beizos emporcados
con verbas de falsía,
i o corazón podre polo odio,
i as maus pingando sangue,
i agachados, no fondo dos seus
petos,
en vixía,
coitelos e pistolas asesinas.
¿Que importa, irmau, que morra
o día
si a súa morte
abre en nós a espranza do
mencer?
Non temas.
Aínda o paxaro ten canciós
i as estrelas se alcenden cada
noite.
Manuel María, Mar Maior en
Antoloxía Poética, edición de Camilo Gómez Torres, Vigo, AS-PG, 1997
No hay comentarios:
Publicar un comentario