Nova andaina

Esperamos que este blog sexa do voso agrado e que o disfrutedes.

viernes, 21 de junio de 2019

Non vaias á clase


O pasado curso, o alumnado de TIC e EPVA en galego de 4º da ESO, xunto co seu profesor Enrique Villanueva, fixeron unha curta: "Non vaias á clase". Esta acadou o premio ao mellor guión nun festival escolar e nestes momentos está a participar no eMove Festival de ámbito estatal, competindo contra outros moitos centros.

A comunidade educativa está moi orgullosa dos logros xa acadados por esta producción pero sabemos que, coa axuda de todos, poden chegar moito máis lonxe. É por iso que precisamos todos os apoios posibles e pedimos que se faga a máxima difusión desta curta, así como a votación a través do facebook!

Deixámosvos o link para a votación.

Se queres que a nosa curta "Non vaias á clase" pase á fase final do eMove festival fai click na seguinte ligazón
Non vaias á clase
cando abra a nova pantalla dalle a Gústame. Non te vai levar máis tempo que o que te levou ler isto. Hai que facelo antes de que acabe xuño.

Se ademais replicas este texto aos teus amigos aumentarán as posibilidades de que cheguemos á final.




No hay comentarios:

Publicar un comentario