Este ano para conmemorar o 25 N houbo diversos actos
Os máis pequenos foron os primeiros en levantar a voz, neste caso cantando, contra a violencia.
Así manifestaron, cuns lemas ben acaídos, a necesidade de levantar a voz en contra da violencia.
O martes 21 de novembro, na Biblioteca do noso Centro realizáronse dúas dinámicas grupais de sensibilización contra a violencia de xénero, unha co alumnado de 1º e 2º da E.S.O. e outra co alumnado de 3º e 4º da E.S.O.
Esta actividade forma parte das accións levadas a cabo polo Concello de Pontecesures en colaboración coa Deputación Provincial de Pontevedra para loitar contra esta forma de violencia.
O alumnado de 5º de Educación Primaria inventou unha letra para a coñecida melodía "Tres hojitas madre" ("Inés, Inés, Inesita, Inés").
Escoitádea con atención pois mandan unha potente mensaxe que, a pesar dos esforzos feitos pola sociedade, inda non conseguimos que esas actuacións das que falan quedaran nun mal recordo.
O xoves 23 de novembro os alumnos de 3º, 4º, 5º e 6º de Primaria tiveron unha xincana na que deron conta do ben que se desenvolven todas elas e todos eles nalgúns traballos propios do fogar, como fregar, facer a cama, cravar uns cravos, vestir un bebé, dobrar roupa...
O alumnado de Infantil, 1º e 2º de Primaria tivo un contacontos na Biblioteca
Hoxe repartimos entre o alumnado de Infantil, Primaria e Secundaria as pulseiras contra a violencia cos lemas que eles e elas mesmas redactaron.
Os lemas escollidos foron "Son unha persoa, non o teu xoguete", "Eu son libre, e ti?" e "Dentro do arco da vella collemos todos".
Desde biblioteca fixemos unha exposición de libros relacionados co tema
No hay comentarios:
Publicar un comentario