Onte, 27 de novembro, os alumnos de 3º e 4º de Primaria fixeron unha saída a Santiago de Compostela, onde estiveron paseando pola zona vella como auténticos peregrinos, para logo coñecer un pouco mellor a Catedral de Santiago, deleitándose coas marabillosas obras que hai dentro dela; alí puideron ver tamén o enorme botafumeiro ("como o moven??" preguntaba toda a rapazada).
Tomaron a merenda da mañá nos soportais das rúas antigas porque, como non!, chovía un pouquiño... pero gozaron un MONTÓN.
Tamén aproveitaron para coñecer o Mercado de Abastos de Santiago e ás doce do mediodía estaban xa preparados para desfrutar do humor do teatro musical, no auditorio ABANCA, asistindo a un espectáculo titulado VAIA RITMO!
Un día completiño...
No hay comentarios:
Publicar un comentario