Nova andaina

Esperamos que este blog sexa do voso agrado e que o disfrutedes.

jueves, 7 de febrero de 2013



Ante o recente empeño de uniformizar tamén as festas do entroido, converténdoas nun espectáculo similar en calquera punto do planeta, en Galicia perviven aínda moitas tradicións peculiares que non perderon a autenticidade que tiñan tempo atrás. Fronte a un entroido globalizado, inzado de desfiles de comparsas que compiten por un premio outorgado por tal ou cal concello, onde os demais se converten en meros espectadores case televisivos, o trasno reivindica o que a nosa festa ten de participación popular, diferente e irreverente.

 Este ano, dado que a biblioteca do centro organizou un traballo interdisciplinar arredor do río Ulla, dende o equipo de normalización decidiron dar a coñecer o entroido tradicional máis próximo a nós, o dos XENERAIS DA ULLA Neste enlace atoparedes información sobre como se desenvolve o entroido nesta comarca.

 

No hay comentarios:

Publicar un comentario