As mariscadoras de Carril
que forman AMARCARRIL, viñeron dar unha charla aos rapaces de 5º e 6º de
Primaria.
AMARCARRIL nace de un grupo de mariscadoras que queren
dar a coñecer a historia de Carril, os seus parques de cultivo e marisqueo como
exemplo de loita para alcanzar un mellor estatus social e unha maior calidade
de vida.
Explicaron a actividade do marisqueo, os parques de cultivo, as
concesións de marisqueo a pé, as especies e os seus ciclos biolóxicos, técnicas
de cultivo, útiles e ferramentas,…etc.
No hay comentarios:
Publicar un comentario