Nova andaina

Esperamos que este blog sexa do voso agrado e que o disfrutedes.

miércoles, 26 de septiembre de 2018

VI concurso de relatos e vídeos de terror



Un ano máis, a Biblioteca e o EDLG do CPI de Pontecesures anímanvos a que compartades as historias máis arrepiantes que se vos ocorran a través da participación neste concurso que se celebrará arredor da celebración do Samaín, unha antiga tradición que conmemora a visita dos mortos ao mundo dos vivos na noite do 31 de outubro, data de comezo do aninovo celta.
As bases que rexerán o concurso son as seguintes.
1. Os relatos e vídeos, orixinais e inéditos, estarán en lingua galega.
2. A temática xirará arredor de historias de misterio e terror.
3. Haberá seis categorías, con cadanseu premio para a modalidade de vídeo e de relato:
a.   Infantil
b.   1º ciclo:
c.   2º ciclo
d.  3º ciclo
e.   ESO
4. Os relatos terán unha extensión máxima de catro folios por unha cara, manuscritos ou mecanografados. Na modalidade de audiovisual, a curtametraxe gravada terá como máximo cinco minutos de duración.
5. Cada titor/a de infantil e primaria e o profesor de lingua galega de ESO seleccionará os tres mellores traballos de cada aula e entregarallos ao coordinador do ENDL antes do venres 19 de outubro.
6. O xurado do certame estará integrado por profesorado colaborador do ENDL e da Biblioteca.
7. O fallo do xurado farase público en cadanseu acto para primaria e secundaria na biblioteca do centro o martes 30 de outubro, ao que poderán acudir todos os participantes.
8. A participación neste concurso implica o consentimento do/a autor/a para a divulgación da obra presentada nos blogs de normalización e da biblioteca.
9. A participación neste certame implica a aceptación de todas e cada unha das normas contidas nas presentes bases.

No hay comentarios:

Publicar un comentario