Nova andaina

Esperamos que este blog sexa do voso agrado e que o disfrutedes.

viernes, 19 de junio de 2015


Os veráns son para...
Cando chega o verán e, por suposto as vacacións, é momento para levar a cabo as fantásticas “aventuras”.
Os veráns en Pontecesures son .......
.......Veráns para saber disfrutar. Eu fabrico cos meus amigos as diversións, non as compro sacando entrada ou pagando unha cuota; tampouco é obrigatorio facer cursillos varios para despois disfrutar. Eu invento, eu patino, eu nado, eu canto, eu medro, eu viaxo, eu xogo, eu leo....Disfruto cos meus, gozo xogando en equipo, soño por adelantado coas cousas que farei de grande e sempre teño algo que facer.


.......Veráns para vivir enterados do que pasa ao meu alrededor e do que pasa no mundo e organizando un tren da ilusión con destino a onde faga falla. Enchéndoo con amor, solidaridade, simpatía, ilusión, ledicia....Voluntarios que durante o verán están dispostos a dalo todo para lograr un mundo mellor.


.......Veráns para os lectores: veráns para pensar nos demais, para soñar con encher un tren de ilusións e sonrisas. Os soños non ocuupan sitio pero son os que logo se converten en realidade. Os que non soñan non cambiarán a terra.

Feliz verán a todos
Vémonos en setembro
O equipo de dinamización da biblioteca

No hay comentarios:

Publicar un comentario