Un ano
máis, o centro ven de participar nas charlas do Plan Director, unha
actividade deseñada para traballar a convivencia e a mellora da seguridade nos
centros educativos e nos seus contornos, e que imparte a Garda Civil.
Nesta
ocasión, os venres 10 e 17 de xaneiro, o alumnado do centro asistiu aos
seguintes relatorios:
- 5º
de Educación Primaria: Acoso Escolar
- 6º
de E.P. e 1º da ESO: Drogas e Alcol
- 2º,
3º e 4º da ESO: Violencia de Xénero
Todas
estas temáticas teñen incidencia no día a día do noso alumnado, directa ou
indirectamente, e é preciso dotalos da maior información posible, para que así
poidan afrontar calquera situación que se lles presente.
No hay comentarios:
Publicar un comentario