Nova andaina

Esperamos que este blog sexa do voso agrado e que o disfrutedes.

sábado, 25 de enero de 2020

Teatro en inglés


UNBOXING ALICE é o título da obra teatral que o 3º ciclo de Educación Primaria puido gozar no Auditorio Abanca de Pontevedra o pasado venres 24 de xaneiro. A obra mesturou escenas do conto tradicional con outras máis actuais onde Youtube e os videoxogos tiñan unha gran presenza; e todo isto cun alumnado ben atento para non perder detalle pois...vimos a obra en inglés!
Quedou ben claro que o noso alumnado está totalmente inmerso nun mundo globalizado, demostrando así que non so desfrutan da cultura nas nosas linguas nais senon que saben adaptarse a calquera situación. E como mostra cabe destacar a participación como actores de dous dos nosos: Leire e Guido!

Obra de teatro Unboxing Alice

No hay comentarios:

Publicar un comentario