2º CERTAME DE RELATOS DE TERROR
De novo, convocamos dende O Equipo de Biblioteca e o ENDL do CPI de Pontecesures unha nova edición do concurso de relatos de terror co gallo do Samaín. O cartel que anunciará o certame foi elaborado pola alumna de 3º de ESO Raquel Estévez Brea, a quen aproveitamos para darlle a noraboa. Expoñemos as bases a continuación e animámosvos a todos/as a que participedes nalgunha das súas modalidades.
BASES DO CONCURSO
1. Os
relatos, orixinais e inéditos, serán redactados en lingua galega.
2. A
temática xirará arredor de historias de misterio e terror.
3. Haberá
seis categorías con cadanseu premio:
·
Infantil
·
1º ciclo
·
2º ciclo
·
3º ciclo
·
ESO
·
Modalidade de participación audiovisual, cunha
curtametraxe gravada nun máximo de cinco minutos.
4. A
participación de infantil e 1º ciclo de primaria poderá ser cun relato breve ou
a través de narracións baseadas en debuxos que incorporen algunha palabra ou
texto breve en galego. Nos demais niveis os textos terán unha extensión máxima
de catro folios por unha cara, manuscritos ou mecanografados.
5. Cada
titor/a de infantil e primaria e o profesor de lingua galega de ESO
seleccionarán os tres mellores traballos de cada aula e entregaranllos ao
coordinador do ENDL antes do 24 de outubro.O
6. xurado
do certame estará integrado por profesorado colaborador do ENDL e da
Biblioteca.
7. O
fallo do xurado farase público a través do blog do equipo
(www.blogoteca.com/trasnoparoleiro) e o blog da Biblioteca
(bibliocesures.blogspot.com) o día 30 de outubro.
8. A
entrega de premios terá lugar en cadanseu acto na biblioteca do centro nun
recreo de primaria e noutro de secundaria ao que poderán acudir todos os
participantes.
9. A
participación neste concurso implica o consentimento do/a autor/a para a
divulgación da obra presentada nos blogs de normalización e da biblioteca, así
como na revista escolar O voceiro do Piñeiro manso.
10. A
participación neste certame implica a aceptación de todas e cada unha das
normas contidas nas presentes bases.
No hay comentarios:
Publicar un comentario