Nova andaina

Esperamos que este blog sexa do voso agrado e que o disfrutedes.

sábado, 12 de noviembre de 2022

Visita ao Museo de Pontevedra

O xoves 10 de novembro, o alumnado de 1º, 2º e 3º de Primaria, realizou unha visita ao Museo de Pontevedra, dentro do programa "Coñece o Museo" promovido e subvencionado pola Deputación Provincial.



Cada grupo tivo unha proposta diferente.

1º ...."Vou ao museo"

2º ...."Mira que te miro" 

3º...."Detectives da arte"

Foi unha mañá diferente, educativa, enriquecedora e moi divertida.

Disfrutaron e aprenderon sobre as emocións nos cadros, nos retratos, o uso de trampantojos por parte dos artistas, a combinación de distintos tipos de materiais, o uso das cores, asociación de música e arte, o que intentaban expresar os artistas,....

Unha mañá diferente e moi productiva e esperemos que non sexa a última. 



Visita ao museo de Pontevedra

No hay comentarios:

Publicar un comentario