Nova andaina

Esperamos que este blog sexa do voso agrado e que o disfrutedes.

jueves, 4 de febrero de 2016

App para identificar estrelas




 Case un planetario na palma da man

Existen diversas app que vos permitirán identificar estrelas e constelacións cando sexa de noite. Os astros forman parte  da biodiversidade.
Pero, como non admirarnos ante o firmamento nocturno?
Non deixedes de mirar cara arriba cando poidades ainda que a contaminación lumínica de pobos e cidades  volo poña difícil.
De entre as app gratuítas, as mellor valoradas son Sky Map e Mapa Estelar.


 


Pola imaxe podedes ver que Sky Map é algo máis modesta, pero o máis impotante é que é gratuita e dispón de información facilitada por Google.
Representa gráficamente aqueles corpos celestes máis importantes, ó igual que estrelas, planetas e constelacións.
Puntos fuertes:
- Gratuita
- De código aberto e donada por Google.
- Bastante completa.
Esta aplicación está dispoñible para:
Iphone (Gratis) | Android (Gratis)

Mapa Estelar calcula en tempo real, usando a brúxula, o GPS, o acelerómetro e o xiroscopio do dispositivo, a ubicación actual de todos os planetas e estrelas visibles, mostrando onde se encontran en cada momento.
Inclúe:
- Máis de 120.000 estrelas
- Sistema solar navegable en 3D
- 88 constelacións
- O catálogo Messier
- Chuvias de meteoros
- Cometas
- Satélites

No hay comentarios:

Publicar un comentario