Os pasados 1 e 2 de febreiro ao longo de todo o día o
alumnado de Infantil e Primaria do centro tivo a ocasión de asistir á actividade do Planetario que,
instalado no ximnasio, ofreceu unha sesión a cada un dos grupos de nenos e
nenas co obxectivo de acercalos ao mundo da cosmofísica. Miraron nubes, a
rotación da Terra, a gravidade, o home astronauta,o ceo (estrelas constelacións
e planetas), a orixe da vida, as fases da Lúa, os cambios de latitude, do micro
ao macro universo...contidos adaptados ás idades dos rapaces e rapazas. Tamén se achegaron a unha pequena exposición que se instalou na biblioteca.
No hay comentarios:
Publicar un comentario