Un ano máis a biblioteca municipal celebra «Outubro, o mes das bibliotecas» cunha proposta conxunta coa biblioteca escolar do CPI de Pontecesures.
Baixo o lema «Sementes de Lectura», búscase concienciar a mocidade e a veciñanza sobre a importancia de coidar a natureza, apostar pola sustentabilidade e promover unha boa alimentación.
Hoxe, da man de Carballo con botas, o alumnado de primaria do CPI de Pontecesures participou en dúas sesións de narración oral:
«Todas somos árbores. O bosque na biblioteca», ás 10:15 h, para 1º e 2° de primaria, unha viaxe polas historias para descubrir como coidar das árbores e da natureza.
«As tecedeiras de esperanza», para 3º e 4º de primaria, onde tecemos unha árbore para atrapar contos solidarios e aprendemos a coser tenrura, esperanza, igualdade e futuro.
Esta actividade forma parte da programación de Ler Conta Moito, iniciativa que achega a lectura e a cultura ás bibliotecas e á cidadanía.
Porque as bibliotecas son bosques: os libros, algún día, foron árbores.
Nova andaina
Esperamos que este blog sexa do voso agrado e que o disfrutedes.
jueves, 15 de octubre de 2026
Ler conta moito. O carballo con botas
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)




No hay comentarios:
Publicar un comentario