Menos mercar e máis crear na biblioteca de Pontecesures!
Un ano máis, a biblioteca municipal celebra “Outubro, o mes das bibliotecas” cunha proposta conxunta coa biblioteca escolar do @cpi_pontecesures .
Baixo o lema “Sementes de Lectura”, búscase concienciar a mocidade e a veciñanza sobre a importancia de poñer en valor a natureza, a sustentabilidade e a boa alimentación.
A segunda das actividades celebrouse onte e estivo dirixida ao alumnado de 6º de Primaria do CPI de Pontecesures, da man de @biophilia_ambiental co obradoiro
“Menos mercar e máis crear”. Durante o obradoiro reutilizouse de maneira creativa prendas vellas de roupa para darlles unha nova vida.
Esta actividade forma parte da programación de Ler Conta
Moito, iniciativa que achega a lectura e a cultura ás bibliotecas e á cidadanía.
No hay comentarios:
Publicar un comentario