Nova andaina

Esperamos que este blog sexa do voso agrado e que o disfrutedes.

lunes, 26 de octubre de 2026

EDUGAL 2026

 O venres día 23 de outubro, o alumnado de 3º e  4º ESO desfrutou da visita ao Edugal, 15º Salón de Educación e Formación de Galicia, actividade consistente nunha exposición de oferta educativa e de formación  que tivo lugar en Pontevedra.

Esta saída didáctica tivo como obxectivo fomentar e dar continuidade á orientación académica, facilitando unha adecuada elección para tomar unha decisión sobre o futuro profesional, axudando aos estudantes a decidir eficazmente o seu futuro formativo e profesional.

Esta feira contou cun amplo programa de conferencias, que xunto cos stands, os obradoiros e demostracións presentes contribuíron a que o noso alumnado poida ter máis claro as opcións formativas das que dispoñen e perfile deste xeito, a súa decisión final. 

 




No hay comentarios:

Publicar un comentario