Un ano máis chega o fin de trimestre, as ansiadas vacacións e o Nadal.
Como anos anteriores a mañá foi de moito traballo para todos.
Os primeiros que fixeron a súa aparición no ximnasio, debidamente decorado, foron os nosos Reis Magos especiais, os alumnos de 4º de ESO que este ano acaban a súa etapa de formación no cole, despois de empezar en Infantil, continuar en Primaria e acabar este curso 4º de ESO. Tanto os que fan de Reis como de paxes, esperan este día con ilusión, preparando todo e non deixando nada ao azar para que os máis pequenos se acerquen a eles e reciban un pequeno agasallo logo de deixar a carta cos seus desexos no buzón real.
Despois foi o momento do concerto, un concerto onde os artistas son eles, os nosos alumnos de ESO dirixidos por David, o profe de Música e un artista consagrado. Nadie mellor que el para que empecen a facer as súas primeiras interpretacións enrriba dun escenario e quizás algún día os vexamos algún como un artista consagrado.
Para rematar disfrutamos do rock con Mad Martin Trío.
No hay comentarios:
Publicar un comentario