Hoxe en 2° da ESO o alumnado contou terroríficas historias de terror creadas por eles mesmos
Aquí podedes ver todos os traballos que presentáchedes ao concurso Estáde medo!!. Nuns días saberemos os gañadores.
Sorte a todos e noraboa pola calidade dos debuxos.
E para conmemorar o día da biblioteca os alumnos de 4º e 5º de Primaria achegáronse á biblioteca municipal para participar nun obradoiro sobre papel xa que todos os días usamos papel para moitas cousas.
Pero... Algunha vez pensachedes en facer unha escultura con el?
Neste obradoiro descubriron como crear as súas pezas tridimensionais. Crear unha figura do seu personaxe favorito cunha técnica milenaria, usando só papeis reciclados, un pouco de engrudo e toda a súa imaxinación.