Nova andaina
Esperamos que este blog sexa do voso agrado e que o disfrutedes.
jueves, 28 de noviembre de 2013
jueves, 21 de noviembre de 2013
Xa temos gañadores do noso concurso de terror. Mirade no blog de normalización linguística http://www.blogoteca.com/trasnoparoleiro/
viernes, 18 de octubre de 2013
I CERTAME DE RELATOS DE TERROR
O
ENDL e a Biblioteca do CPI de Pontecesures anímanvos a que compartades
as historias máis arrepiantes que se vos ocorran a través da
participación neste concurso que se celebrará arredor da celebración do
Samaín, unha antiga tradición que conmemora a visita dos mortos ao mundo
dos vivos na noite do 31 de outubro, data de comezo do aninovo celta.
As bases que rexerán o concurso son as seguintes:
1. Os relatos, orixinais e inéditos, serán redactados en lingua galega.
2. A temática xirará arredor de historias de misterio e terror.
3. Haberá seis categorías con cadanseu premio:
a) Infantil
b) 1º ciclo:
c) 2º ciclo
d) 3º ciclo
e) ESO
f) Modalidade de participación audiovisual, cunha curtametraxe gravada nun máximo de cinco minutos.
4. A participación de infantil e 1º ciclo de primaria poderá ser cun relato breve ou a través de narracións baseadas en debuxos que incorporen algunha palabra ou texto breve en galego. Nos demais niveis os textos terán unha extensión máxima de catro folios por unha cara, manuscritos ou mecanografados.
5. Cada titor/a de infantil e primaria e o profesor de lingua galega de ESO seleccionarán os tres mellores traballos de cada aula e entregaranllos ao coordinador do ENDL antes do 25 de outubro.
6. O xurado do certame estará integrado por profesorado colaborador do ENDL e da Biblioteca.
7.O fallo do xurado farase público a través do blog do equipo (www.blogoteca.com/trasnoparoleiro) e o blog da Biblioteca (bibliocesures.blogspot.com) o día 30 de outubro.
8.A entrega de premios terá lugar en cadanseu acto na biblioteca do centro nun recreo de primaria e noutro de secundaria ao que poderán acudir todos os participantes.
8. A participación neste concurso implica o consentimento do/a autor/a para a divulgación da obra presentada nos blogs de normalización e da biblioteca, así como na revista escolar O voceiro do Piñeiro manso.
9. A participación neste certame implica a aceptación de todas e cada unha das normas contidas nas presentes bases.

viernes, 11 de octubre de 2013
jueves, 3 de octubre de 2013
O lema elixido para este ano, LER CIENCIA NA BIBLIOTECA ESCOLAR, trata de sensibilizar sobre a importancia da lectura de textos de carácter científico, de textos divulgativos ou de textos literarios que tratan temas relacionados coa ciencia. Todos estes contidos teñen cabida na biblioteca e enriquecen a bagaxe lectora do alumnado.
viernes, 21 de junio de 2013
miércoles, 29 de mayo de 2013
O 3
1 de maio será a data para a cita anual dos coordinadores e coordinadoras dos clubs de lectura que están a funcionar en 222 centros de ensino público de Galicia no presente curso. Será xa a VI Xornada dos Clubs de Lectura, que terá lugar en sesións de mañá e tarde nas instalacións da EGAP (Escola Galega de Administración Pública).
Ao longo da xornada haberá ocasión para o encontro e o intercambio de experiencias; tamén está prevista a participación de Gemma Lluch, especialista en Literatura Infantil e Xuvenil, membro do grupo de investigadores ERI Lectura,
da Universitat de Valencia. haberá un espazo para falar da "lectura
social", a tendencia actual de intercambio de experiencia lectora a
través das redes sociais, coa presenza dun dos impulsores de Redelibros, a rede social galega do libro, Xosé R. Lois. Poñerá fin á xornada o escritor Marcos Calveiro, un autor moi valorado polos lectores e as lectoras e con múltiples recoñecementos pola súa obra dentro e fóra de Galicia.
A VI Xornada dos Clubs de Lectura é unha oportunidade para coñecer as múltiples actividades que
están levando a cabo os grupos de lectura creados en centros educativos
de Galicia, que van constituíndose pouco a pouco e grupos de
dinamización da lectura nas súas comunidades educativas de referencia,
establecendo vínculos con outros grupos de lectores e contribuíndo a
unha maior presenza dos libros e da lectura na vida social galega. Os
clubs de lectura son unha das fórmulas de fomento da lectura coa xente
nova, e cos adultos (preto dun 30% dos centros implicados teñen tamén
grupo de lectura de adultos) , que máis contribúe á consolidación deste
hábito, e á adquisición de competencia lectora (entre outras), esencial
para a formación persoal e directamente relacionada co éxito académico.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)