Para conmemorar esta data, no centro
ó longo da semana, realizáronse unha serie de actividades.
O alumnado de 1º da ESO, organizados pola mestra de Xeografía e Historia,
dramatizaron o conto " COCORICO" para o alumnado de Infantil e 1º e
2º de Primaria.
Fixeron así apadriñamento lector cos máis cativos.
O pasado 23 de febreiro o alumnado de 1º de Educación Primaria gañaba o 2º
Premio do Concurso de Poemas Musicados "A nosa Rosalía", organizado
pola Deputación de Pontevedra. Presentáronse na categoría CAMPANIÑAS cunha
versión de "Campanas de Bastabales", baseada na interpretación que
fixo o grupo galego Os d´Abaixo da musicalización realizada por Amancio Prada
deste poema tan coñecido de Rosalía de Castro.
Os outros centros premiados nesta categoría foron o CEIP Mestre Manuel
García (Oia) e o CEIP San Clemente de César (Caldas de Reis).
Esta semana está resultando moi emocionante para este grupo.
Onte conseguían contactar por videoconferencia con Xacobe Varela, vocalista
e gaiteiro do grupo Os d´Abaixo. E pasaron un rato agradable falando con el de
temas como:
- o difícil que é ter unha banda,
- do primeiro concerto,
- do nome do grupo,
-recomendoulles outros grupos musicais, artistas, cancións,...
- da súa mascota ( o seu gato Antonio)
- da sua comida favorita,...
Hoxe recibiron os agasallos correspondentes ao 2º premio, que lles enviou a
Deputación Provincial de Pontevedra. Foi un día de moita ilusión, case tanta
coma cando realizaron a gravación.
Ainda que se ten a crenza de que Galileo foi quen descubriu que a Terra era
redonda, non foi así de todo. Os primeiros en plantexalo foron Tales de Mileto,
Pitágoras, Platón e Aristóteles pero non aportaron probas científicas.
O primeiro que foi capaz de medir a circunferencia da Terra foi Eratóstenes.
Galileo defendeu que a teoría de que a Terra xiraba arredor do Sol e non ao
revés como se pensaba ata ese momento
O venres 4 de marzo, reuníuse o xurado composto por un
membro de cada Equipo Docente: de Biblioteca, Convivencia, Extraescolares e
Complementarias, TICs e Dinamización da Lingua Galega, aínda que a excelente
calidade das gravacións, complicou a tarefa de elexir tres gañadores,
finalmente, saíron os tres premiados, que recibirán de agasallo
un vale para material escolar, por valor de 60 euros.
Gañadores:
Damián de 6º de EP
Xián e Matilda de 1º e 3º de EP
Cayetana de 1º de EP.
Premio ao máis visto:
Obtén o mesmo premio o video máis visualizado ata o día 3
de marzo, momento en que se pararon os videos para que, dous días despois, se
puideran consultar as estatísticas de reproduccións en youtube.
Neste eido resulta gañador Yago de 3º de EP con
664 reproduccións.