Nova andaina

Esperamos que este blog sexa do voso agrado e que o disfrutedes.

miércoles, 27 de marzo de 2019

Día da poesía


Para conmemorar estes días, no CPI DE PONTECESURES fixemos un 3x1: englobamos na mesma actividade POESÍA - AUGA - MAR, este último relacionándoo co día da auga, posto que o proxecto anual do noso centro para este curso é, precisamente, O MAR!
Cada aula traballou baixo a premisa de redactar POEMAS en BARQUIÑOS de papel.




miércoles, 20 de marzo de 2019

Concurso de recitado de poemas de Rosalía de Castro e Manuel María


O xoves 14 de marzo tivo lugar na Biblioteca do CPI de Pontecesures a primeira fase do Concurso de Recitado de Poemas de Rosalía de Castro e Manuel María coa participación do alumnado de 1º, 2º de E. Primaria e de diversos cursos da ESO. Eliximos os representantes dos cursos de primaria e da ESO que acudirán á segunda fase do certame na Casa Museo de Manuel María o sábado 6 de abril.

No caso da categoría de 1º e 2º de E. Primaria, o xurado elixiu como gañadores a:
-O grupo de 1º de E. Primaria que recitou o poema "O chifre", de Manuel María.
-Emily García Mata, de 2º de E. Primaria que recitou o poema "O soñador" de Manuel María.

Na ESO, as seleccionadas foron: 


-Carmen Caldelas Magán, que recitou o poema de Rosalía de Castro, "Meus pensamentos,cal voás tolos...!
-Blanca García Mosquera, que recitou o poema de Rosalía de Castro "Cada noite eu chorando pensaba".
-Pilar Antonella Morison Rey , co poema de Rosalía "Silencio".

Os demais participantes no concurso foron:



 Noraboa a tod@s!

jueves, 21 de febrero de 2019

2ª Xornada do Plan Director


O venres 15 de Febreiro autoridades da Garda Civil volveron a visitar o noso centro para, nesta ocasión, dar unha charla ao alumnado de 2º da ESO Drogas e Alcol e outra ao alumnado de 3º e 4º da ESO sobre Violencia de Xénero.




domingo, 10 de febrero de 2019

1ª Xornada do Plan Director "Di non ao acoso"




Os alumnos de 5º e 6º tiveron unha charla sobre acoso escolar onde traballaron a identificación de acosador/a, espectador/a e víctimas. Tamén lles deron algunas nocións sobre as responsabilidades que teñen a pesar de ser menores, explicándolles que ainda que non hai responsabilidade penal sí que hai responsabilidade civil.