Nova andaina

Esperamos que este blog sexa do voso agrado e que o disfrutedes.

martes, 3 de marzo de 2026

II Feira de Orientación

 Os alumnos de 4º de ESO acompañados polo seu titor e a orientadora do centro acudiron ao IES macías o Namorado á II Feira de Orientación Acacémica e Profesional.

  Na Feira instaláronse vintedúas mesas e stands nos que as familias profesionais de FP ofrecían información sobre os ciclos de Administración e Xestión e Electricidade e Electrónica do IES Macías o Namorado, ciclos de Fabricación Mecánica, Instalación e Mantemento e de Agroxardinaría do IES de Valga; Ciclos de Edificación e obra civil e ciclos de Industrias alimentarias do CIFP de Coroso e Ciclos de Atención a Persoas en Situación de Dependencia do IES Félix Muriel de Rianxo.

Tamén se ofreceu orientación académica dos diferentes estudos universitarios e información sobre as actividades dos diferentes servizos públicos e dos corpos de seguridade e defensa. 


 

No hay comentarios:

Publicar un comentario