Nestes días, o alumnado de Primaria visitou a exposición "Arte Postal" que está no Concello de Pontecesures ata o día 13 de marzo.
Foi moi ilusionante ver os nosos traballos xunto aos doutros nenos, nenas e artistas doutros lugares do mundo.
Reflexionamos sobre o gran problema que supoñen os lumes para o noso territorio da man de Lois Gil Magariños, o responsable da exposición e deste proxecto tan chulo.
Tralas visitas tivemos a sorte de conversar cos axentes forestais do noso distrito.

No hay comentarios:
Publicar un comentario