Estas últimas semanas o alumnado de 4º da ESO púxose na pel dun soldado da Primeira Guerra Mundial (1914-1918). Intentaron así compartir como houbo de ser o medo e as intensas emocións ao recibir a orde de saír das trincheiras e de avanzar para atacar e bater contra o exército inimigo.
A maioría elixiu deixar constancia da súa experiencia, das condicións de vida nas trincheiras enlamadas das frontes da Gran Guerra e do pavor ante unha morte case segura, enviándolle cartas de despedida aos seus seres queridos. Houbo tamén quen nos legou o seu testemuño ficticio a través dun diario de guerra ou por medio das notas biográficas que algún soldado anónimo podería ter escrito nalgún pequeno caderniño para matar o tempo, pensando en que alguén o atoparía no peto do seu uniforme despois de caer en combate.
Unha actividade perfecta para coñecer o valor da paz e reflexionar sobre a irracionalidade dos conflitos bélicos.
-%5BA3%5D%20LowRes-1_page-0001(1).jpg)
.jpeg)
No hay comentarios:
Publicar un comentario