Nova andaina

Esperamos que este blog sexa do voso agrado e que o disfrutedes.

jueves, 26 de marzo de 2026

Kiko e a man

Os alumnos de 1º e 2º de Primaria estiveron na  biblioteca  para asistir a unha sesión de contacontos para  traballar a educación en igualdade e a prevención de abusos sexuais a través do conto "Kiko e a man".

Kiko ensínanos a decidir en que situacións deberíamos aceptar o contacto físico doutras persoas -e que tipo de contacto- e en que  outras situacións deberíamos rexeitalo.

Tamén nos aconsella -en xeral pero especialmente tamén en momentos complicados- buscar o apoio e  a seguridade dos nosos adultos de confianza.



No hay comentarios:

Publicar un comentario