Nova andaina

Esperamos que este blog sexa do voso agrado e que o disfrutedes.

martes, 28 de mayo de 2024

Visita á casa do Patrón

Os alumnos de 3º e 4º de EP tiveron unha excursión a Lalín. Foron visitar a “Casa do Patrón”, un museo etnográfico no rural, con máis de 2.000 metros cadrados de exposición distribuídos en tres edificios, onde se expoñen máis de 4.000 pezas recollidas por toda a xeografía galega. Pequenos símbolos dunha gran historia, auténticos símbolos da Galicia do últimos tres séculos.

O Museo dispón de 14 salas de exposicións organizadas por temáticas, onde se pode observar unha antiga escola, unha taberna, un forno, unha forxa tradicional, exposicións de oficios esquecidos, así como elementos cotiáns que conformaron os hábitos de vida dos nosos devanceiros. Unha das súas salas recolle as distintas pezas atopadas na escavación do castro de “Ou Penedo”, do que hai escavadas e consolidadas varias estruturas que poden ser visitadas, xa que se sitúa moi preto do museo. 

Casa “ Museo do Patrón” leva a cabo unha serie de proxectos anuais para manter viva a tradición, recuperando prácticas de outrora que na actualidade están a perderse, como a sega do cereal, a “malla”,  a matanza ou o magosto.


No hay comentarios:

Publicar un comentario