Nova andaina

Esperamos que este blog sexa do voso agrado e que o disfrutedes.

viernes, 24 de mayo de 2024

Proxecto teatral

Bibliotecas cheas de vida. Sitios máxicos onde ler, pero tamén viaxar a través da literatura, estudar, organizar formacións, exposicións, fomentar a lectura e por que non, comezar un novo proxecto teatral no que participa activamente gran parte da comunidade educativa. Un soño feito realidade. Pero como foi o inicio deste periplo?

 

Durante este curso 2023/2024 e desde o Departamento de Lingua Castelá, a profesora Alba García Agrasar desenvolveu un ilusionante proxecto interdisciplinar, no que participaron os grupos de 1º e 2º ESO e un grupo de alumnos que cursan Oratoria con ela, así como parte do profesorado e alumnado do CPI Pontecesures, que se implicou e participou de xeito moi activo.

Theatron en grego quere dicir mirar e contemplar, todos sabemos que o teatro é axial no entretemento humano, sendo a raíz de moitos divertimentos actuais: cine, series, programas de televisión... Con ese nome parecera que só o espectador contempla o que sucede na escena. Pero neste fermoso traballo tamén o alumnado participante contempla, desde un caleidoscopio que abrangue a actividade de xeito completo,, todas as facetas da preparación de cada obra: creación textual, representación,, canto e coreografías, vestiario, pero tamén os decorados, pintados por eles e alumnado de 4º ESO. Mesmo o teatro kamishibai utilizado foi confeccionado de xeito artesanal por rapaces de 4º. A preparación dos teatros foi levada a cabo por os devanditos rapaces. 

Cabería subliñar igualmente que a música foi composta polo alumnado de 3º ESO de Música coa supervisión do profesor da materia, David Regueiro. Os textos foron traducidos ó francés pola profesora Ruth Poceiro e a tradución ó inglés foi realizada polo alumnado implicado coa axuda de Patricia García Agrasar. 



Como os resultados foron mais que aceptables, comezouse unha modesta xira nos cursos de Infantil e Primaria. A fantástica aceptación fixo soñar cun proxecto aínda máis ambicioso: por que non facer unha xira nos centros educativos da contorna? Dito e feito. Ademais, o Clube de Teatro, capitaneado pola profesora de Historia Luisa Paz sumouse a esta iniciativa, e representando unha obra creada por ela e cun elenco de rapaces de 2º e 3º ESO, 3º PDC e 4º PDC.

Querer é poder. Alba García contactou cos centros educativos: o CEIP Rosalía de Castro, o CPPI dos Dices e o CEIPP de Baño para levar a cabo as representacións das obras, cousa que aceptaron encantados. Nacía unha xira teatral intercentros.



Practicamente todo o proxecto cociñouse na biblioteca do colexio, espazo polivalente e acolledor, camaleón das salas do colexio. Ensaios, preparacións dos textos, lecturas... todo ten cabida neste gran caldeiro máxico. Benditas bibliotecas, todo o que nace aí medra.



O traballo tivo gran éxito e aceptación, os actores e as profesoras quedaron satisfeitos coa experiencia. Moitos deles levan dentro o xerme teatral, que tan útil lles resultará nas súas vidas. Ademais, quen sabe se este é o inicio dun certame teatral escolar na contorna?

SOÑEMOS!




O club de teatro de ESO dirixido  por Luisa Paz representou "A peregrina que chegou e quedou"



No hay comentarios:

Publicar un comentario