E aquí unha pequena mostra do XXVI Certame Literario Intercentros
que reúne aos centros da contorna, nesta ocasión foi organizado pola ANPA do
CPI Pontecesures e nas instalacións deste.
O acto dou comezo con música de violíns acompañando versos de Luisa
Villalta, dando paso á entrega de premios.
O ambiente musical do certame estivo protagonizado polo alumnado da
ESO e coordinado polo seu profesor de música.
Os máis MADRUGADORES da nosa escola tamén quixeron colaborar
creando un mural para o día do acto, e mesmo o alumnado da extraescolar
cultural de pintura nos agasallou cun cadro firmado por cada un dos
autores/as.
O certame contou cuns trofeos moi especiais, elaborados
artesanalmente polos membros da asociación de persoas con discapacidade dos
vales do Ulla e Umia ( ASDIVALU VALGA ) unha das cooperacións que máis ilusión
nos fai porque acercan as persoas con discapacidade a comunidade. Agradecemos
enormemente a Á. G. C. porque foi ela quen nos facilitou o camiño.
E para rematar convidouse aos alí presentes a un un picoteo.
As alumnas do centro premiadas foron:
Eira Piñeiro Iglesias de 3º "Onde está o ovo?"-banda diseñada-
Lucía Pérez Delgado de 6º "Un bo resultado"-narrativa-
Felicitar a ANPA e a todo o profesorado
implicado na preparación do acto
No hay comentarios:
Publicar un comentario