24 de Febreiro DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO << Has de cantar, que che hei de dar zonchos; has de cantar, que che hei de dar moitos>>. Canta, meniña, na veira da fonte, canta, dareiche boliños do pote, Canta, meniña, con brando compás, dareiche unha proia da pedra do lar. Papiñas con leite tamén che darei; sopiñas con viño, torrexas con mel. Patacas asadas con sal e vinagre, que saben a noces, ¡que ricas que saben!