Nova andaina

Esperamos que este blog sexa do voso agrado e que o disfrutedes.

lunes, 24 de marzo de 2025

Teatro de oratoria

 O pasado venres 21 de marzo o alumnado de Oratoria de 3º de ESO actuou ante os seus compañeiros de curso coa optativa de Francés na Biblioteca, poñendo en escena a adaptación teatral que eles mesmos fixeron de dous mitos gregos:  "O mito de Prometeo" e "A caixa de Pandora".

As deficiencias técnicas dos altofalantes e os continuos peches e aberturas do pano desluciron un pouco a representación, mais a naturalidade e simpatía do reducido elenco, por unha banda, e, por outra, a atención e comprensión do público, fixeron pasar a todos, incluído o profesorado, un rato moi agradable, o cal rematou cunha "pelexa de galos" bailongos entre Héctor e Amine.

Grazas a todos, especialmente a Hiwot, alumna que soubo lidiar en tódolos ensaios e clases cos seus movidos compañeiros de repartoe materia: Amine, Francisco, Héctor e Marcos.

Teatro de oratoria

No hay comentarios:

Publicar un comentario